Anfibia
ANFIBIA é o novo espectáculo de La Guajira, que en breve sairá á luz. Un espectáculo de danza que unifica voz, espazo sonoro e movemento nun acto militante do ser e o estar, de permanecer no aquí e o agora, ao encontro dunha natureza propia e distintiva, co corpo como testemuño.
ANFIBIA como metáfora do cambio, do paso do tempo e da capacidade humana de saberse adaptar ao territorio, mutando cara a novas realidades, axustándose a un novo devir. A peza debuxa a aquela muller en cambio continuo. A artista que muta para reinventarse, poñendo en valor a vontade, a forza feminina e a beleza.
Pensada para espazos non convencionais en interior. Adaptable como a súa propia natureza. Apostando pola proximidade coa audiencia, onde o público atópese relativamente preto para sentirse parte da proposta e poida ecoar con ela, nun espazo íntimo por elección. Xerando un dialogo de corte contemporáneo e natural, onde se mesturan corpo, palabra e sonoridade.
Anfibia conta coa dirección escénica de Ana Vallés, o espazo sonoro de Ismael Berdei, a asistencia coreográfica de Rut Balbis e a interpretación e autoría de Ana Beatriz Pérez- Betty.