Bionic
Espectáculo para salas e auditorios 50’00 min
BIONIC é unha peza de danza, un encontro poético entre disciplinas onde a luz, oson e o movemento comparten universos.
Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía sedúcenos a mellorar as nosas vidas sen quebrantar a capacidade humana de sentir.
O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.
Bionic é onde o pasado mestúrase co presente, un lugar de convivencia entre o vello e o novo, e tamén un terreo híbrido, onde apenas poidamos separar o lado artificial do lado humano. A peza reflexiona sobre como conseguir salvar o presente cara ao futuro.
Nunha era onde a ciencia e a tecnoloxía poidan axudar a cubrir o deterioro físico ou mental, en defensa da perfección, como de afectado quedaría aquilo que nos identifica como humanos?
Canto de máquina ou de humano quedará entre nós?
Será que outra dimensión humana se abre ao noso paso?
Sinopse: “Vimos ao mundo cun corpo que lanzamos á vida para nutrilo de experiencias, disposto a recibir e a dar, un corpo que memoriza vivencias pasadas e desexos futuros cun algoritmo propio, o sentir”
Espectáculo subvencionado nas Axudas á Creación Escénica 2023 da Xunta de Galicia
Ficha artística:
Creación e interpretación e dirección | Armando Martén e Ana Beatriz Pérez
Espazo sonoro orixinal e interpretación | Ismael Berdei
Voz en off | Rocío González e Xosé Barato
Iluminación | Octavio Más
Técnico de son |Jacobo Castro
Espazo Escénico | Suso Montero
Vestiario | Ruth D. Pereira e Santos Salgado
Ollo externo | Rut Balbis
Fotografía e vídeo promo | Raquel Castro
Produción | Sabela Ramos e La Guajira
Distribución | Amarelo Distribución Escénica
Duración: 50 min.