Minguantes

Espectáculo para espacios non convencionais 17’00 min

Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir máis de prisa que de costume e xa correr quizá no é unha opción, outra galaxia lles espera.

Desde unha perspectiva minimalista e futurista, presentase o corpo como máquina motora irremplazable, engrenaxes con data de caducidade, erros no sistema operativo, o eterno debate entre o querer e o poder, e a pesar de todo continuar.
O menos que poderían facer é deterse a contemplar o mundo, o máis que desexan, é seguir andando.

Sinopse:
Cando todo se pare, escoita ao animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio.

Caen as follas como o teu cabelo
A choiva apenas sente
Sen darnos conta brotan as flores
A choiva segue, o teu cabelo cae e o brilo nos teus ollos segue intacto.

Ficha artística:

Autoría, interpretación e dirección | Armando Martén e Ana Beatriz Pérez.
Espazo sonoro | Ismael Berdei.
Texto en off | Rocío González.
Vestiario | Ruth D. Pereira e Santos Salgado.
Fotografía e video promo | Raquel Castro.
Produción | Sabela Ramos e La Guajira
Distribución | AMARELO Distribución Escénica
Duración | 17 min