NGOMA

Estreno do último espectáculo da compañía, NGOMA

La Guajira estrea no Teatro Rosalía Castro da Coruña unha nova creación que explora a memoria afrodescendente, a identidade e a transmisión entre xeracións a través do encontro en escena dun pai e unha filla. 

Desde ese territorio entre a memoria e o presente nace NGOMA, a nova creación da compañía galega La Guajira, que celebrará a súa estrea absoluta o sábado 19 de setembro, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro de A Coruña. 

Un pai e unha filla, Armando Martén e Gala Martén, comparten escenario para construir unha viaxe física e simbólica arredor da transmisión interxeracional, a identidade, a migración e a memoria cultural. Un diálogo entre dous corpos e tamén entre dúas xeracións no que o ancestral deixa de pertencer exclusivamente ao pasado para converterse en materia viva.

Próximas actuacións:

Publicacións similares