Anfibia MIT

MIT de Ribadavia

Anfibia mergúllase na 41 edición da MIT de Ribadavia.

La Guajira estivo presente na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Anfibia, un só de danza contemporánea e performance que se inspira na mutabilidade e nos procesos de adaptabilidade aos distintos territorios. Un espectáculo que se reconfigura en función dos espazos de representación. Isto fai que sexa unha peza viva, próxima e presente, en contacto estreito co lugar que habita.

A Mostra Internacional de Teatro sostén con presenza e distinción as súas 41 edicións e goza de moito prestixio no sector das Artes Escénicas dentro e fóra de Galicia. Un escaparate amplo onde moitas compañías locais, nacionais e foráneas presentan as súas propostas en diferentes espazos da cidade. Anfibia súmase a esta edición en resonancia co cambio, a muda, a transformación e a resiliencia.

Publicacións similares