Foco Galicia Danza
Ampliando horizontes
La Guajira presenta Minguantes en Foco Galicia Danza, unha iniciativa impulsada pola Axencia Galega de Industrias Culturais AGADIC- Xunta de Galicia. La Guajira é unha das tres compañías galegas seleccionadas para Foco Galicia Danza, un evento que se celebrará o próximo mes de outubro en Portugal dentro do marco da a 33 Quinzena de Danza de Almada.
Esta iniciativa promove a internacionalización e brinda visibilidade ás compañías galegas nunha contorna permeado pola danza. A compañía presentará Minguantes, un dúo que se inspira no paso do tempo e no momento vital que atravesan dúas persoas que van envellecendo xuntas.
Esta peza foi seleccionada ao Circuito Rede Ao descuberto 2023 sucando varios festivais da península. E presentouse recentemente no Festival Visões Urbanas de São Paulo, Brasil o pasado mes de xuño de 2025.
Minguantes en São Paulo, Brasil.