Ngoma 2

Nova produción: NGOMA

La Guajira prepara un novo espectáculo para salas e auditorios que ten previsto estrearse na primavera 2026. A proposta leva por título NGOMA (tambor e movemento nas culturas africanas) A obra inspírase nas relacións interxeracionais e reflexiona sobre a identidade en contextos de emigración e diáspora.

Unha mirada sensible ás relacións filiais e á transmisión cultural como elemento aglutinador da comunidade.

O espectáculo conta coa creación, interpretación e dirección de Armando Martén, a banda sonora orixinal de Ismael Berdei, a iluminación de Octavio Más, e contará coa colaboración de Gala Martén, moza bailarina cubana/galega que por primeira vez participa nun proxecto dentro de La Guajira.

Publicacións similares