Presentamos «Anfibia» na Feira das Artes Escénicas Galicia Escena Pro
Unha cita ineludible para as artes escénicas. Do 2 ao 5 de xuño en Santiago de Compostela.
Saber máis sobre A Feira das Artes Escénicas Galicia Escena Pro
Anfibia é un só de danza contemporánea e performance que se mergulla na mutabilidade e na maneira de adaptarse ao territorio.
Baixo a interpretación, creación e dirección de Ana Beatriz Pérez «Betty», co acompañamento na dirección escénica de Ana Vallés, o acompañamento coreográfico de Rut Balbís, a banda sonora de Ismael Berdei e a fotografía e vídeo promocional de Raquel Castro, Anfibia mergúllase nos procesos de adaptación ao territorio, o cambio de pel, a aparencia do que vemos e o que realmente é, así como a pulsión latente de querer atopar un espazo en calma onde seguir existindo. A peza convida o espectador a mirar de preto e a sentirse atraído ante o acto de descubrir algo máis ca un corpo que danza.
Agardámosvos!